This planet is Public.
You too can create your own planet.

This planet has 11 websites

Avatar9685

E máis dos Castelos Baleiros: sobre o Tui antigo e a Muralla do Monte Aloia

Despois da intrigante visita á muralla do Monte Aloia decateime de que estaba ante outro Castelo Baleiro, moi similar ao Castro Valente de Padrón. Unha zona escura da nosa Historia por estudar, malia conter os recintos arqueolóxicos de máis grande estensión do patrimonio histórico de Galicia, así de claro. En concreto, ao contrario do que afirmei no post do Monte Aloia, a muralla desta montaña tudense é considerablemente máis grande en estensión que a Muralla de Lugo (2 quilómetros). Esta ten máis de tres. Estamos falando destas cifras, señores.

O caso é que Xenome recomendoume un libriño no que había máis información sobre a muralla: O Tui Antigo: unha aproximación histórica-arqueolóxica, da arqueóloga Silvia González Soutelo. Nel fálase das interesantísimas evidencias sobre a mansión e o castellum Tyde, o poboamento romano deste importante porto, porta da Gallaecia. Tamén da suposta localización do pazo dos reis suevos que levaron a capital do reino ata aquí. E, por suposto, fálase da muralla. Hai unha detallada descrición, un valioso plano que localiza os elementos máis interesantes do recinto, os lugares nos que está mellor conservada e os grandes sillares de pedra suben máis de tres metros, tamén as estrañas atalaias que sobresaen da muralla, os torreóns. Recolle unha referencia ao estado no que se atopaban as ruínas no ano 1610, cando un cronista local alude a elas co mesmo misterio, distancia e ignorancia que hoxe temos respecto delas, o mesmo que acontece en Castro Valente cando aluden a el os investigadores do XIX. Ese cronista, P. Sandoval, por certo tamén fala de que a muralla ten cubos (que hoxe non se localizan, pero tamén me lembrou a Castro Valente). Pero no 1610 o cronista de Tui non sabe nada da súa orixe. Importante.

Avatar9685

A guerra disparada


Baghdad. Foto: Stephanie Sinclair/VII


Preto de Grozny, Chechenia. Foto: Paul Lowe/Panos Pictures

Avatar9685

Unha caixa negra, unha vida branca


Foto: Sole

Chegou por correo postal, de sorpresa, cunha carta manuscrita. O máis fermoso agasallo en moito tempo, o máis inesperado. El Practicón, Tratado completo de Cocina al alcance de todos y Aprovechamiento de Sobras, de Ángel Muro, un clásico en edición de 1913, inencontrable. Un tesouro gastronómico. Ah, e a carta. “Podía ter sido un e-mail, pero ¿a que non é o mesmo?”, dicía aquela misiva. Unha auténtica xoia bibliográfica que viaxou, como viaxou o seu dono, para axudarnos a todos, a el mesmo, a nós coa nosa vida de tolemia e axenda, a descubrir os secretos do corazón e do mundo que queda por vivir. Con silencios, con palabras, con agarimo. Grazas, Luis.

Default_post

Intitulable

Cada vez que abrimos el buzón, recibimos cariñosas misivas de nuestro banco, Hacienda, seguridad Social, tarjetas de crédito, promociones, recibos del gas, el agua o la luz, mas una serie de folletos sobre viajes, colchones u odontólogos, pero rara, muy rara vez llega un mensjae personal, como mucho el Corte Inglés deseándote Feliz Cumpleaños o el alcalde un nuevo Año, ah y en mi barrio, el Párroco reparte bendiciones. Pero no suele haber mas.
Cuando vi en el buzón un comunicado del cartero de que debía pasar por la oficina a recoger un envío, marché a la lista de recados, agregando el “pasar por correos” como una tarea más.
Grande fue mi sorpresa al recibir una caja grande.
Soy curiosa, asi que sobre que entré al coche no lo pude resistir, abrí el paquete.
El papel que envolvía, antológico y dentro algo precioso que me hizo emocionar hasta las lágrimas.
Un sobre negro, una hoja de papel grueso, una caligrafía de nota. Los motivos, los porqués, dan igual.
Ni Manuel ni yo creemos ser merecedores de semejante regalo por el sencillo hecho de hacer lo que nos gusta.
Recibir a los amigos y mostrarles “nuestra” Galicia.
Pero amantes de los libros como somos, no podemos mas que abrazarnos y abrazar éste libro y aceptarlo con el mismo regocijo conque nos ha sido obsequiado.
Una edición de 1913 de El Practicón, Tratado completo de Cocina al alcance de todos y Aprovechamiento de Sobras que contiene las fórmulas propias y exclusivas del autor para la confección de caldos, sopas, potajes, salsas, guisados, entradas, asados, fritos,entremeses, postres y pastelería,y algunas buenas recetas de aficionados doctos y maestros cocineros antiguos y modernos con un APENDICE que comprende el arte para el mejor aprovechamiento de las sobras, las reglas para el servicio de una mesa y el modo de trinchar y comer los manjares, por ANGEL MURO
Doble alegría, un libro y una carta “a mano”. El día luce con sol, dentro y fuera de mi corazón.
Amigo Luis, ésta es tu casa, gracias, gracias.

Avatar14570

Antonio Carvalho/Casal Figueira

Na Estremadura, entre Torres Vedras e a Serra de Montejunto, nas suaves encostas areosas expostas ó norte, coa brisa atlántica e a suavidade do clima nos bagos de marsanne, rousanne e arinto, o Casal Figueira Branco – Tradition 2005 ou coma reflectir a natureza, a paisaxe do contorno.

Ven o seu primeiro aire co calor acumulado na terra (pechado na garrafa esperaba o momento de voar) a pesares do frio que lle acompaña cando é verquido no copo, deixando a presenza das pedras ventiladas pola brisa salina e os cardos agochados entre os graos de area.

Profundo, incisivo pero amplo, extenso.

Avatar9685

Un Phileas Fogg de Betanzos

Absolutamente delicioso é un libriño de 1900 impreso en Betanzos, na imprenta dos Sucesores de Castañeira, escrito por un tal Rogelio Borondo e que a xente do Anuario Brigantino -un exemplo do que eu penso que é tomar a cultura pola man- dixitalizou dentro da Biblioteca Virtual de Betanzos. O libro titúlase Memorias de un viaje improvisado (baixar en PDF) e é a crónica dunha liada monumental entre colegas. Non hai máis que ver como comeza:

Avatar9685

Unha botella particular

Hoxe Martín Berasategui e Flavio Morganti presentaron este novo concepto de botella, o Berasategui System, en Valladolid, no corazón da Ribeira do Douro. Vin o concepto hai uns meses -cando aquelo era coma o secreto da bomba atómica- e flipei. Basicamente ese estraño “pescozo” que ten a botella na súa base fai de decantador, concentrando os posos do viño. Nun contorno de consumidores no que hai xente que lle dá algo de repelús o tema posos do viño, moitas adegas filtran o viño para evitar ese problema estético, engadindo á elaboración do viño un proceso un tanto agresivo que fica solventado con esta sinxela nova forma. A nova botella permite, ademáis, máis aplicacións, como evitar o contacto das mans que tranfiren calor á botella, etc. Esta é a típica idea que un di: “¿pero como non se me ocorreu a min?”. (vía)

Avatar9685

Hologramas como instrumentos

O bo gusto estético desta demostración do uso de hologramas como instrumentos é bastante discutible, pero non así o impresionante da tecnoloxía. (vía)

Avatar9685

Essência do Vinho 2010: a loita (pouco épica) entre madeira e varietal

Andivemos percorrendo o ateigado Palácio da Bolsa de Porto durante o Essência do Vinho 2010, unha cita tan indispensable para os amantes do viño como ausente de visitantes galegos (tampouco hai unha campaña de comunicación en Galicia para promocionar o evento). Creo que sentín a un señor nun acumulado corredor falar nun idioma que non fora portugués ou inglés. E non sería por viño que explorar: 350 produtores de todo o país, aínda que concentrados en dúas grandes áreas: Douro e Alentejo, con certa presenza do Ribatejo e a clamorosa ausencia dos viños do Dão (debía haber tres ou catro adegas).

Avatar9685

Time Explorer, un divertido xogo histórico para nenos do British Museum

O Time Explorer é unha nova aplicación web do British Museum destinada a crear un entorno lúdico ao redor de épocas históricas para os nenos. Deseñado coidadosamente en perspectiva isométrica, os xogadores deben solventar fases históricas centradas na obtención de obxectos e pezas da época. Inspirador.

Default_post

8 de marzo, poesía de mujer para mujeres

DERECHOS DE LA MUJER

Cada mujer, de la raza, edad o religión que sea,
tendrá derecho a expresar libremente sus ideas,
a decidir el rumbo de sus días:
madre, artista, maestra, guerrillera.

Cada mujer, de la raza, edad o religión que sea,
arrojará al seno de la tierra la culpa,
los estigmas, para que ya no haya cenicientas.

Avatar9685

O Monte Aloia: un enigma amurallado de 3200 metros


A brétema no Monte Aloia (Tui)

Hai tempo, cando publicara fascinado no blog a localización e o enigma da enorme muralla de Castro Valente, Xenome envioume rapidamente un grupo de flickr de fotografías e un completo mapa de Google Maps doutro lugar que a el lle recordara o Castro Valente do que acababa de falar: a muralla “ciclopea” do Monte Aloia. Quedei intrigadísimo co lugar, así que aproveitamos para visitar as ruínas, que están nun parque natural situado nas proximidades de Tui [localización], esta fin de semana.

Avatar9690

Restaurante Minho Verde (Arcos de Valdevez)

Este sábado tiven unha visita fugaz a Arcos de Valdevez, que non tiña sequeira moi claro por onde quedaba (sabía que non debía quedar moi lonxe da fronteira porque aparecía sinalado nos cruces, pero non sabía que quedaba pegado á Baixa Limia). Decidín mirar a ver que recomendaban para cenar alí:

E chamoume a atención esto:

E a verdade estivo moi ben, sinxelo, rápido e ademáis estaba xusto ó lado da Casa das Artes (que é o lugar onde se fan concertos no concello, por eso teñen na parede CD's adicados de todas as bandas portuguesas que coñezo: dende Mau Morta a GNR pasando por Clã).

Avatar9689

Malizia, el primer vino de hielo tinto hecho en España

A los postres de una comida familiar cayó en mis manos, casi por casualidad, una botella de Malizia, dicen que el primer vino de hielo de uvas tintas - tempranillo y garnacha - elaborado en España. Apenas 980 botellas de 375 ml han puesto las...

[...] Puedes leer el post completo en http://www.pantagruelsupongo.com

Default_post

La rana que quería ser una auténtica rana

Había una vez una rana que quería ser una Rana auténtica, y todos los días se esforzaba en ello.

Avatar14570

Ekam

Os monxes hospitalarios estiveron no Castell d´Encus desde o lonxano ano de 1151 ate o 1752. Nesta zona prepirenaica da veguería do Pallars Jussá plantaron o seu viñedo entre os 850 e os 1000 metros de altura e vinificaron os seus bagos en grandes lagares escarbados na rocha. O viñedo e o viño volveron a esas terras grazas a Raúl Bobet, ex-director técnico do grupo Torres e actualmente socio de Sergi Ferrer no proxecto Ferrer-Bobet (Priorat), que chegou alí buscando o frescor fronte á evolución do clima ou cambio climático que avanza por algunhas zonas. A búsqueda non estivo mal xa que ademais das condicións desexadas atopou este pouso histórico.

Avatar9685

Curious Displays, un clúster de robots domésticos

Este é un traballo de tese de Julia Tsao. Os Curious Displays se coordinan para facer múltiples funcións, transmitir mensaxes, visualizar vídeos, crear puntos de luz. É un concepto, unha idea, pero bendita imaxinación:

Curious Displays is a product proposal for a new platform for display technology. Instead of a fixed form factor screen, the display surface is instead broken up into hundreds of ½ inch display blocks. Each block operates independently as a self-contained unit, and has full mobility, allowing movement across any physical surface. The blocks operate independently of one another, but are aware of the position and role relative to the rest of the system. With this awareness, the blocks are able to coordinate with the other blocks to reconfigure their positioning to form larger display surfaces and forms depending on purpose and function. In this way, the blocks become a physical embodiment of digital media, and act as a vehicle for the physical manifestation of what typically exists only in the virtual space of the screen.

Avatar9685

Gatos mortos, zapatillas vellas e casas en ruínas

Ás veces chega unha pregunta sobre algo da túa vida no que nunca te paraches a pensar e tes que responder no momento. Este foi o caso. Lupe Gómez fíxoma para esta entrevista de Galicia Hoxe. Dubidei un segundo e de súpeto saíu todo.

A que che gustaba xogar cando eras pequeno? Como lembras o territorio da túa infancia?

Eran casas en ruínas. O territorio estaba cheo de fiunchos, fieitos. As casas abandonadas estaban ao lado de regatos moi húmidos. Na Pobra do Caramiñal esas casas estaban ao lado de pazos. Alí inventabamos historias e faciamos que tivesen vida. Os pazos tiñan minas subterráneas de auga e a miña infancia era buscar pasadizos, túneles, tesouros, segredos, fantasía, imaxinación. Eran espazos de silveiras. Cheiraban a gato morto. Dentro desas casas abandonadas sempre había botellas de cristal e zapatillas. Cando a xente marchaba das casas deixaba as zapatillas. Nós criamos que eses territorios en ruínas escondían algo. Había moito “pasado” e teño esa imaxe vital. Todo tiña unha explicación mítica.

Avatar14570

Essencia do Vinho

Por quinto ano consecutivos baixamos polo natural eixo atlántico ate Porto. Todo o que probou ficou enganchado á essencia do vinho.

Avatar9685

Comeza no Porto Essência do Vinho 2010

É un dos grandes eventos do viño da Península Ibérica, e está aquí ao lado, no Porto. O Essência do Vinho comezou hoxe e durará ata o domingo. Non hai mellor marco para coñecer o viño portugués.