This planet is Public.
You too can create your own planet.
This planet has 15 websites
OSN TREBELLOS NO TINTA FEMIA DE CELA (BUEU)
Un ano máis os Trebellos do Morrazo fomos de foliada a festa do Tinta Femia de Cela,,,
Mañan Sabado voltaremos a facer máis festa,,
Por certo estrenamos Acordeon,,como soa.
XXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo en Cangas
Do 3 o 11 de xullo vai ter lugar a XXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo en Cangas
Dentro do programa da Mostra o domingo 5 de xullo Teatro de Ningures vai representar, abrindo esta mostra, a obra "Desembarco dos Turcos. María Soliño", combinando música, teatro, danza e loita escénica. Comenzará as 22:30 hs no peirao, e se desenvolverá polas rúas do casco vello da vila.
A música orixinal é de Xosé Pumar, e os músicos que participan son:
¿Por qué os voos de ryanair ou easyjet son tan baratos?
¿Por qué os voos de ryanair ou easyjet son tan baratos?
(inda que últimamente non tanto jeje)

Dá Pena / Pode Passar
Dá Pena / Pode Passar [37'']
Apresentamos hoje um pequeno vídeo que começou a gestar-se há quase um ano.
Manifesto: Non sen o noso nome! (CHICHISOS)
Os Chichisos, con enderezo en Rúa Riestra 6, 36001 Pontevedra, con CIF G36555191, e inscritos no Rexistro de asociacións da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co número2007/010692-1.
Como cada ano cando chega o verán, a nosa terra énchese de festas e romarías, e con elas o son das gaitas volve soar por camiños, corredoiras, adros, prazas e rueiros. Non hai acto festivo que se digne de selo que non conte co seu respectivo grupo de gaiteiros. E como cado ano, volveremos presenciar exemplos de tratos indignos, de menosprezos e de fallas de respecto cara a aqueles que son depositarios e transmisores da nosa música máis tradicional e auténtica, contra aqueles valedores da música da alma do pobo galego. Por iso, como cada ano, cómpre lembra-lo chamamento pola dignidade dos gaiteiros que o grupo de música tradicional Os Chichisos fixo no seu día. Así que velaí vai ese chamamento gaiteiro: que rule, que se difunda, que sirva para algo e lembrade Non sen o noso nome!!
Os Chichisos FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS E DOS MÚSICOS TRADICIONAIS:
San Xoán 09
Este ano celebramos o San Xoán na casa do Coto, cunha fogueira que fixemos Agus Silviña e mais eu pola tarde. E a que non adiviñades o que comemos??? seria a "typical" comida dese dia? Pois non, comemos pizza, asi non tiñamos que andar a preocuparnos polas brasas nin nada. Cando chegou a noite cantamos, beillamos e incluso cantamos, jajaja
1ª TESE EN GALEGO NA UNED: HÉITOR MERA
Logo de varios anos de continuas reivindicacións, o filólogo cangués Héitor Mera conseguiu un feito ata daquela insólito: defender a súa tese de doutoramento sobre a "vida e obra de Bernardino Graña" en galego. A primeira tese de doutoramento feita en galego. Sobresaliente cum laude.
Un precedente que abre vieiros para que tódolos aspirantes a doutores poidan defender as súas teses de doutoramento en calquera lingua do Estado, segundo acordou o Consello de Goberno da UNED.
Grazas, Héitor.
NOVAS DO ENDL
A Real Academia Galega decidiu dedicar o día das Letras Galegas 2010 ao poeta do Courel Uxío Novoneyra.
En outubro cumpliranse dez anos da súa morte(requisito mínimo para poder ser homenaxeado).
Novoneyra(Parada do Caurel1930-Santiago,1999).
NOVAS DO ENDL
A Real Academia Galega tamén anunciou onte o nomeamento de Bernardino Graña, autor de Profecía do mar, como membro numeraraio desta institución.
Parabéns Bernardino.
ROMARIA DAS AMAS DE CASA DE CATOIRA 2009
Os Trebellos do Morrazo, estuvemos un ano mais invitados a comida das Amas de Casa de Catoira,é xa van catro..gracias a todas en especial á Presi..Merchi..
Bernardino Graña académico da lingua
Onte foi elixido membro da Real Academia Galega o poeta cangués Bernardino Graña. Pouco se pode dicir xa de Bernardino como poeta a estas alturas da súa vida. O poeta morracense é a verdadeira voz dos mariñeiros e o que mellor soubo recoller os sufrimentos e a heroicidade que supón a loita cotiá co mar. Este nomeamento supón o xusto recoñecemento a toda unha carreira a prol da cultura e da lingua galega.
Eu que teño a sorte de coñecer a Bernardino quero lembrar o noso primeiro encontro. Foi cando compartimos xornadas de traballo como membros do Xurado do Premio de narrativa Blanco Amor, foi para min toda unha sorpresa atoparme a un home amafable e moi cercano.
Felicidades Bernardino por este recoñecemento.
O PEDRÓN
O SABADO 27 DE XUÑO AS 18 HORAS FESTIVAL FOLCLORICO
-AGRUPACION CULTURAL E XUVENIL AILOLA (BOTOS LALIN)
-BANDA DE GAITAS ESTIVADA (CALO-TEO)
-O GRUPO DE PANDERETEIRAS VAL DE MAÍA (AMES)
-AGRUPACION CULTURAL O PEDRÓN (PADRON)
Acampada en Ons
Pra quen se queira anotar...
Laura, MªEsther, Tamara máis eu xa temos os permisos pra acampar en Ons. ¿Alguén máis se apunta?
Hai que reservar con antelación, pódese facer por internet. Así evitamos ter que acampar na casa de Esther como xa nos pasou hai uns anos jeje
¿Cánto custa?
Acampar: 0
