Avatar18933

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Aplaudimos a iniciativa de propoñer o galego, lingua ameazada, como patrimonio da humanidade.
Podes asinar o manifesto e deixar un comentario.
Galego, Patrimonio da Humanidade.

Avatar25812

Que é normalizar?

O xuíz Luís Villares Naveira explícanos que é normalizar.

Avatar25209

DE ENTROIDO AOS MAIOS: DE MARÍN AO BIERZO

A PALABRA ENTROIDO
por Sandra Rea González (CPR. San Narciso)

Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

Avatar25209

TRADICIÓNS ou TRADICIOIS:

A importancia da fala e a ferramenta da norma son hoxe unha das claves que os nosos alumn@s de galego deben comprender. Este proxecto de intercambio a través da Rede seguindo o camiño ou o camín de Sarmiento, é dicir o seu "modus operandi", o seu modo de traballar coa lingua foron obxectivos que nos marcamos e da súa consecución estamos moi satisfeitos.
Moitos ou muitos son os temas que se poderían seguir traballando conxuntamente para saber máis sobre a lingua que nos une e, á vez, coñecermos mellor a nós mesmos. Desde aquí agradecemos ás direcións ou direciois dos centros que colaboraron neste proxecto ( o IES Padre Sarmiento de Vilafranca e CPR San Narciso de Marín) a súa disposición, pero especialmente temos que agradecer aos alumn@s que participaron o seu interese e esforzo por levar a acabo este proxecto que estamos seguros terá continuidade en próximos cursos.
Imos, pois, rematar esta serie de traballos compartidos entre alumn@s de 4º da Eso de Marín e do Bierzo por este curso con dúas tradicións( no Bierzo dise tradiciois) que están nos dous lugares, o entroido e os maios.

Xosé Álvarez e Héctor Silveiro.

Avatar25209

O SUPERESTRATO II : Cocho ou Xabarín?

PORCO BRAVO ou XABARÍN ?

A min tocoume falar do superestrato árabe, polo que tiven que elixir unha palabra diferente entre Marín e Bierzo. Escollín o porco bravo, pero antes teño que falar do superestrato.

No ano 711 os árabes entran na nosa península polo sur chegando ata as mesetas centrais axiña e realizando mesmo incursións polo norte peninsular. O seu caudillo Muza apodérase de Lugo no 714 e doutros lugares durante o reinado de Afonso I. Os árabes permanecen uns 40 anos en Galiza, até que son expulsados por Alfonso I. O seu sucesor, o rei Fruela I (757-768) repoboa Galiza até o Miño con mozárabes e tivo que facer fronte a unha rebelión dos galegos. Os árabes chamaron Jalîkîya (Galiza) a todo o territorio norteño que non estaba baixo o seu dominio.
Galiza só padeceu unha serie de incursións de castigo por parte dos árabes de Al-Andalus. A máis sonada foi a que dirixiu Almanzor no ano 997, cando levou as campás da Catedral de Santia-go a Al-Andalus.

Avatar25209

O SUPERESTRATO DA LINGUA I

A HERDANZA DOS SUEVOS E DOS GODOS

En lingüística denomínase superestrato ao conxunto de características léxicas, fonéticas e gramaticais deixadas nunha lingua por outra invasora. En contraposición, denomínase substrato ás características deixadas pola invadida na invasora. Así, por exemplo, pódense considerar como superestrato do galego as palabras e estruturas incorporadas ao dialecto romance das distintas tribos xermanas e o árabe tralas súas respectivas conquistas da península Ibérica.

Avatar25209

MOITO ou MUITO?

Evolución do grupo LT a it

En latín existen varios grupos consonánticos: unións de dúas consonantes xuntas que evolucionaron dunha maneira específica. Entre eles están o KT, o PT, o FT, o BL-, o GL- ou o LT do que falarei agora:
O grupo consonántico LT evoluciona en galego a -oi- ás veces (coma en multum, que evoluciona en moito) e outras evoluciona a

Avatar25209

AO FEITO PEITO

CREANDO DITONGOS:Evolucion do grupo -CT- a -it-:

"Ao feito peito"

Hoxe temos en galego algúns ditongos que non existían en latín. Moitos deles son resultado da evolución dalgunha consoante que acabou converténdose nunha vogal, por un proceso que se chama vocalización. Un exemplo disto é o grupo latino CT que acabou vocalizando en it:

Avatar25209

O CH- DE QUEN VÉN SENDO?


Palatalización dos grupos PL-, CL-, FL- > CH-

Sabemos que moitas palabras latinas que comezan polos compostos PL, FL e CL pasaron en galego a ter CH.
Como exemplos poñemos estes vocábulos:

 Chaga  Chama  Chamar  Chan  Chantaxe  Chave  Chavella  Chegar  Cheirar  Cheo  Chocar  Chorar  Chorima  Chousa  Chover  Choza  Chuvia

Avatar25209

SIMPLIFICACIÓN DE LL- e do NN-


VILAR, VILELA e VILAFRANCA (do ViLLa latino)
Simplificación do -LL- latino > -L-

O latín tiña moitas consoantes dobres que se opoñían ás consoantes simples e que permitía distinguir parellas de palabras. Pero no paso do latín ao galego estas consoantes dobres fóronse simplificando e hoxe podemos atopar exemplos disto que estamos a dicir

 anel; elo  belo  bola  cabelo  cadela  calar  calo  castelo  colar  colega  colexio  ela  estrela  ola  polo  sela  vila

Avatar25209

DA BODEGA ÁS PATACAS

B,D,G dos P, T, C do LATÍN

Exemplos da sonorización de consoantes oclusivas xordas intervocálicas

Avatar25209

CONSERVAMOS F- inicial de palabras do latín

Conservación do F- INICIAL

En galego, hai moitas palabras procedentes do latín que conservan o F- inicial, cousa que sucede nas demais linguas romances da península salvo no castelán. Algúns exemplos son:

 Facer  Falar  Fame  Fariña  Fartar  Feder  Femia  Fender  Ferir  Fiar  Fibela  Fígado  Foder  Fogar  Fondo  Forno  Foxo  Fozar

Avatar25209

UN TRAZO INNOVADOR: PERDA DO " L" E "N" INTERVOCÁLICOS

Desaparición do -L- intervocálico:

Unha das características máis típicas da evolución do latín galaico é a perda do L intervocálico, dando lugar a numerosos hiatos ou ditongos:

 candea  coar  cor  doer  dor  fío  moa  moer  muíño  néboa  pau  saír  saúde  só  soa  táboa  tea  xear

Avatar25209

O DITONGO "AU" DO LATÍN COMO EVOLUCIONARÁ ?

Moitas das palabras que utilizamos no noso vocabulario proveñen do latín, ao pasar do latina ao galego houbo algúns axustes, así o ditongo galego ou normalmente vén do

 bouza  cousa  couto  loureiro  louro  lousa  mouro  ouro  ousar  outono  pouco  pousar  rouco  touro

O ditongo

Avatar25209

DO LATÍN AO GALEGO SEGUINDO A SARMIENTO

Sarmiento ten un libro cun título un tanto curioso " Elementos etimológicos según el método de Euclides" no que vai expoñendo unha serie de regras de evolución do latín ás linguas romances fundamentalmente ao galego e castelán.
Nesta iniciativa de Intercambio Escolar entre Marín e o Bierzo, propuxémonos seguindo o camín trazado polo que se considera pai dos estudos de Filoloxía colgar no blog algunhas desas regras de evolución pois teñen unha gran funcionalidade á hora de saber máis sobre as linguas que usamos día a día.
Escollemos esas que ademaís teñen máis rendabilidade á hora de fixarnos nas diferenzas que exiten entre o galego e o castelán , tal e como Sarmiento fora propoñendo.

CONSERVAMOS O "o" E MAIS O "e" BREVES TÓNICOS DO LATÍN:

Avatar18813

Beizóns!

Agardou 70 anos para escribir por vez primeira na súa lingua. E escribiu... e dixo ben.